lunes, 31 de enero de 2022

Ola familias!

Aquí vos deixo as actividades que poden facer os nenos na casa e así pasalo o máis ameno posible.

Vouvos explicar o traballo que estamos a facer esta semana no colexio:

Empezamos a mañá coa realización da asemblea: pasamos lista, contamos os nenos que estamos, cantos falta, que día da semana e do mes é hoxe, escribe o nome o encargado e contamos as letras e as sílabas, cantamos a canción dos bos días, dos días da semana e dos meses.

Con respecto aos contidos que estamos a traballar son: os múmeros do 1- 5, iniciación da suma,  fonema / S/, recortado e identificación de sílabas con imaxes.

No seguinte enlace podedes descargar as fichas referentes a estes contidos: 

Actividades para Descargar

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Unha apreta

Profe Cris